O CD Lugo B feminino logra ascender a Segunda Galicia

LugoXa
O partido disputouse na Gándara de Gondomar
Lugo-B-Feminino-ascenso
16 Xuño 2024

O Club Deportivo Lugo B Feminino vén de ascender á categoría Segunda Galicia despois de vencer na final do play-off de ascenso contra o Lóstregos CF C na Gándara de Gondomar.

O filial albivermello fixo valer a vitoria por 2-0 no partido de ida e caeu derrotado por 1-0 no campo de Chaín para lograr finalmente o ascenso.

0.10234808921814