O CD Lugo celebrou o primeiro Torneo de Reis Genuine

LugoXa
O CD Lugo celebrou este domingo o primeiro Torneo de Reis Genuine Concello de Lugo nas instalacións do Campo Municipal da Cheda.
9 Xan 2023

O CD Lugo celebrou este domingo o primeiro Torneo de Reis Genuine Concello de Lugo nas instalacións do Campo Municipal da Cheda. Unha xornada na que participaron o CD Lugo, SD Ponferradina, RC Celta de Vigo, Racing de Ferrol, RC Deportivo e Real Oviedo.

Este evento trouxo ata Lugo os valores máis importantes do deporte, representados en varios equipos Genuine que celebraron unha xornada de emocións, respecto, inclusión, e paixón polo xogo, como só eles saben trasladar. O proxecto Genuine é unha iniciativa integradora que consiste na creación dunha liga formada por equipos do colectivo DI e que deu os seus primeiros pasos na tempada 2017/2018.

O 1er Torneo de Reis Genuine que runiu este domingo a diferentes clubs amigos deu comezo ás 10.30 ata as 12.00 na súa quenda de mañá e continuando despois da comida ás 16.00 e ata as 18.45 h, na quenda de tarde, momento no que se celebrou o acto de clausura e a entrega de recoñecementos aos diferentes equipos.

0.19393396377563