O CD Lugo cesa a Paulo Alves como adestrador do primeiro equipo
O CD Lugo acaba de informar este luns do cese de Paulo Alves como adestrador do primeiro equipo da entidade. Desde a institución queren agradecer, tanto a el, como ao seu corpo técnico, "o seu traballo e profesionalidade demostradas durante o tempo no que pertenceron á disciplina do club", tal e como recollen nun comunicado, e deséxanselles os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro.
O portugués chegara ao club lucense o 22 de decembro para substituír a Pedro Munitis, tras unha derrota en Cornellá. Alves comezou con mal pé no Lugo, xa que encadeou tres derrotas consecutivas contra o Celta B, Tarazona e tamén contra o Nástic. Aínda que nas últimas xornadas o técnico parecía que comezaba a levar por bo camiño ao equipo, conseguindo 8 puntos dos últimos 12 en xogo e sumando dúas vitorias, contra a Real B e fronte ao Teruel no último enfrontamento.
Despois de tan só dous meses nos que Paulo Alves foi o responsable da bancada do Anxo Carro, o CD Lugo di adeus ao outro adestrador máis, o segundo no que vai de tempada e o duodécimo dende que Tino Saqués asumiu a presidencia. O relevo tomarao Roberto Trashorras, que era técnico do filial en Terceira RFEF.