O CD Lugo confirmou o seu descenso a próxima tempada tras perder co Málaga

LugoXa
O CD Lugo caeu onte ante o Málaga (0-2) e pechou oficialmente a súa participación na Segunda B, categoría á que ascendeu hai once anos.
CD LUGO DERROTA DESCENSO
24 Abr 2023

O CD Lugo caeu onte ante o Málaga (0-2) e pechou oficialmente a súa participación na Segunda B, categoría á que ascendeu hai once anos.

Os albivermellos, que xogarán o ano próximo en Primeira RFEF, clausuran once campañas consecutivas no fútbol profesional tras un ano de varios cambios de adestrados e continuadas derrotas.

A historia lembra a Quique Setién como o adestrador que levou ao Lugo á categoría de prata, na que fixo un gran papel durante varias tempadas. O club viviu nese tempo o cambio de presidente, de José Bouso a Tino Saqués  e unha xeira de adestradores. A partir de 2018 la situación volveuse crítica para o equipo, ocupando a base da táboa e con salvacións in extremis.

Este ano, xa non se produciu o milagre e coa derrota de este domingo co Málaga o club lugués firmou os seu descenso cando faltan tres xornadas para o fin da competición.

O Club, mediante un comunicado, agradeceu á afección o seu compromiso co CD Lugo e tamén pediu perdón polo descenso.

CARTA CD LUGO DESCENSO
0.12445712089539