O CD Lugo destitúe a Mehdi Nafit
O CD Lugo anunciou este domingo o cese de Mehdi Nafit como adestrador do primeiro equipo da entidade.
A decisión do cese chega despois de que o equipo caese derrotado por 4-1 fronte ao Almería o pasado sábado, e de que o propio Nafti non puidese dirixir aos seus desde o banquillo ao romper a burbulla de seguridade que impón a Liga.
A través dun comunicado, a directiva lucense xustifica a decisión "en base á análise da traxectoria demostrada ata a data e a dinámica de resultados colleitados polo equipo". Os roxiblancos acumulan soamente dúas vitorias nas últimas 15 xornadas.
Desde o CD Lugo agradecen a Mehdi Nafti "o seu traballo e implicación" durante a etapa na que formou parte do club e deséxanlle "os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro".
A secuencia de tres adestradores por temporada, repítese por terceiro ano consecutivo. O club comunicará nos vindeiros días o nome do novo técnico do primeiro equipo.