O CD Lugo ficha ao xogador galego Juan Rodríguez
LugoXa
Rodríguez desempéñase como defensa central e volve a Galicia tras unha extensa carreira no fútbol nacional
Juan Rodríguez
16 Jul 2024
O CD Lugo e Juan Rodríguez chegaron a un acordo para a incorporación deste último como novo xogador do primeiro equipo da entidade.
Rodríguez (08-05-1995, Cedeira) desempéñase como defensa central, e volve a Galicia tras unha extensa carreira no fútbol nacional. Criado na canteira do Rácing de Ferrol, o xogador galego chega a Lugo procedente do Alxeciras CF, onde disputou a pasada tempada un total de 35 encontros. Ademais, na tempada 22/23 logrou ascender a Segunda División coa SD Amorebieta, e na 16/17 debutou en Primeira División co Real Spórting.
Juan Rodríguez asina por unha tempada, máis outra opcional, e a data da súa presentación será anunciada proximamente.