O CD Lugo incorpora a Pere Haro procedente do Granada CF ata 2027

LugoXa
O lateral esquerdo catalán chega como aposta de futuro para reforzar a banda esquerda da defensa albivermella
Pere-Haro-CD-Lugo
3 Feb 2026

O Club Deportivo Lugo e o Granada CF pecharon un acordo para o traspaso de Pere Haro, que pasa a formar parte do primeiro equipo albivermello cun contrato vixente ata o ano 2027. O futbolista incorpórase así de maneira definitiva ao proxecto deportivo do conxunto lucense.

Nado en Barcelona no ano 2004, Pere Haro actúa como lateral esquerdo e destaca pola súa proxección e capacidade de percorrido. Formouse nas categorías inferiores do RCD Mallorca e, posteriormente, do Granada CF, club co que conseguiu debutar esta mesma tempada en Segunda División, chegando a participar en dous encontros oficiais.

Desde o club destacan o seu perfil novo e o amplo marxe de crecemento que presenta, considerándoo unha incorporación estratéxica de cara ao futuro. O defensor chega ao Anxo Carro coa intención de continuar o seu desenvolvemento deportivo dentro da estrutura albivermella e reforzar unha posición clave na liña defensiva.

O xogador asina polo tramo final da presente tempada e por unha campaña máis, ata 2027, e integrarase de inmediato na dinámica de adestramentos do primeiro equipo.

⚙ Configurar cookies
0.08227801322937