O CD Lugo incorpora dous xogadores máis antes do primeiro partido, que será este sábado
O Club Deportivo Lugo arrancará cos partidos de pretempada o próximo sábado, 28 de xullo, o que disputarán co CF Porto B en Melgaço.
A primeira semana de agosto farán dobrete en terras luguesas, o 2 enfrontaranse ao Castilla en Viveiro e o 5 ante o Compostela en Foz.
O calendario levaralos tamén a xogar o 11 de agosto co Arenteiro en Carballiño e co Celta Fortuna en Viveiro o 15. A última cita será o Real Avilés o 19 de agosto antes de que de comezo a liga a fin de semana do 26 e 27 de agosto.
OS XOGADORES
O Lugo ha formalizado dúas fichaxes máis con César Morgado, defensa central que chega procedente do CE Sabadell tralo seu paso por Córdoba CF, Mérida AD, Cultural Leonesa, Valencia Mestalle e CD Badajoz. César Morgado firmou por unha tempada, máis outra opcional.
Tamén se incorpora Alberto López, lateral esquerdo, que desenvolveu os últimos anos a súa vida deportiva co Mallorca e o Real Murcia.
Javier Vázquez, que se consolidou o ano pasado como un dos laterais novos de maior proxección na Segunda División, como parte da canteira do Sevilla, foi outra das últimas incorporación.
A este súmanse as do dianteiro Thiago Ojeda, cedido polo Villarreal; ou Sabit Abdulai, natural de Ghana, que desenvolve as posicións de pivote e mediocentro tralo seu paso por Extremadura, Getafe e Ponferradina.
Tamén se incorporou o defensa central Gorka Pérez (Bilbao Athletic) ou Carlos Julio (da República Dominicana), que se desenvolve como lateral dereito.
Do Porto chegou este ano Gonçalo Tabuaço, que defenderá a rede albivermella e as primeiras incorporacións da tempada corresponderon a Lucas Días, tamén como porteiro; Bernardo Cruz, como defensa central, e Willy Ledesma, como dianteiro centro.
Pola contra, foi traspasado desde ao SD Huesca Miguel Loureiro e deixou o equipo Marc Carbó.
PRIMEIRO EQUIPO
- César Morgado
- Alberto López
- Javier Vázquez
- Lucas Díaz
- Carlos Julio
- Willy Ledesma
- Bernardo Cruz
- Gorka Pérez
- Julen Fernández
- Andrés López Gallo
- Jaume Cuéllar
- Idrissa Thiam
- Carlos Torrado
- Leandro Antonetti
- Sabit Abdulai
- Gonçalo Tabuaço
- Thiago Ojeda
EQUIPO FILIAL
- Alejandro Lizancos
- Eduardo Taboada
- Hugo García
- Alberto Freire
- David Rosón
- Pablo Fernández
- Mario Álvarez
- Hugo Díaz
- Damián Noya
- Jorge González
EQUIPO TÉCNICO
- Pedro Munitis (Primer entrenador)
- Manuel Sánchez (Segundo entrenador)
- Joss Juncker (Analista-Técnico Asistente)
- Antón Eire (Preparador Físico)
- Iago Martínez (Preparador Físico)
- Rubén Arce (Entrenador porteros)
- Marcos Torres (Readaptador)
- Irene Mallo (Fisioterapeuta)
- Ricardo José Pérez (Fisioterapeuta)
- Roberto Díaz Luaces (Médico)
- Manuel Couso (Utillero)
- José Luis Corral (Delegado)