O CD Lugo oficializa a contratación de Lolo Escobar como o adestrador do primeiro equipo

LugoXa
A data da súa presentación será anunciada proximamente
lolo-escobar-adestrador-cd-lugo
Lolo Escobar, adestrador do CD Lugo
12 Xuño 2024

O CD Lugo e Lolo Escobar chegaron a un acordo no día de hoxe para a incorporación deste último como novo adestrador do primeiro equipo da entidade.

Manuel María Escobar Rodríguez (13-05-76, Don Benito), conta cunha xa ampla traxectoria no fútbol nacional en clubs como Las Rozas CF, Salamanca CF, CD Mirandés, Hércules CF ou Alxeciras CF, a súa última experiencia nos bancos.

Escobar chega acompañado do seu staff técnico e firma por unha tempada, máis outra opcional. A data da súa presentación será anunciada proximamente.

0.13801097869873