O CD Lugo pon en marcha os seus campus de verán en Lugo e Foz

LugoXa | AMariñaXa
O club busca transmitir os valores propios da entidade a través da práctica do fútbol
estadio-anxo-carro
24 Xuño 2024

Un ano máis, chega a época máis esperada polos nenos e nenas de toda a provincia de Lugo, os Campus de Verán organizados polo Club Deportivo Lugo. A través do CDLU Camp, o club busca transmitir os valores propios da entidade a través da práctica do fútbol. Para iso, a metodoloxía de traballo será similar á empregada nas categorías inferiores do fútbol-base, con técnicos que acompañarán e guiarán aos máis pequenos durante as xornadas de campus.

Como novidade, o campus de Lugo desenvolverase integramente no Anxo Carro, o fogar de todo afeccionado albivermello. Unha experiencia única na que os mozos participantes poderán vivir desde dentro as sensacións que experimenta un futbolista profesional. Pola súa banda, o Campo Municipal de Malates repetirá como sede do campus de Foz. Os campus, nos que poderán participar nenos e nenas nadas entre os anos 2009 e 2019, arrincarán en Lugo a semana do 8 ao 12 de xullo e concluirán en Foz durante a semana do 19 ao 23 de agosto, ambos en horario de 9.30 horas a 14.00 horas.

As inscricións pódense realizar desde o  21 de xuño, presentándoas na CDLU Store (Rúa Armanyá 7, esquina Rúa Conde Pallares 5) ou en liña enviando a eventos@cdlugo.com o formulario dispoñible na nosa web. As inscricións estarán abertas ata o xoves anterior ao comezo de cada campus (4 de xullo e 15 de agosto, respectivamente).

0.10663199424744