O CD Lugo presenta a súa terceira equipación de cor branca

LugoXa
Será protagonista a cor xunto a un deseño estampado que non deixará indiferente a ninguén
terceira-equipacion-cd-lugo
A terceira equipación
21 Xul 2024

O Club Deportivo Lugo presenta o seu terceiro equipamento para a tempada 2024-25 da man de 11teamsports e Puma. Sobriedade, sinxeleza e elegancia para o uniforme alternativo que vestirán os nosos xogadores a próxima tempada. De novo, a cor branca será protagonista xunto a un deseño estampado que non deixará indiferente a ninguén.

Unha peza que evoca campos de camelias brancas que brotan en decembro e abril na nosa extensa terra galega ou a neve das nosas montañas, tanto dos Ancares e de Ou Courel, que forman parte do ADN de todo lucense. A nova terceira equipación do CD Lugo reflicte parte da nosa esencia, outorgándolle aos nosos deportistas as mellores condicións en alta competición, e todas as vantaxes dun tecido técnico de primeiro nivel.

A tecnoloxía empregada neste uniforme ofrece a capacidade de manter a temperatura do teu corpo a un nivel no que poidas render ao máximo potencial, cun tecido deseñado para absorber a humidade. Un material cómodo e traspirable, que se adapta ao corpo cumprindo as funcións de segunda pel, e que remata cun práctico pescozo redondo, que lle suma lixeireza e flexibilidade.

O novo equipamento alternativo está dispoñible á venda, tanto en liña (cdlustore.com) como na nosa tenda física, situada en Rúa Armanya 7, esquina Rúa Conde Pallares 5.

0.17256498336792