O CD Lugo sementa dúbidas nesta preparación de tempada
O CD Lugo non parece arrancar nesta preparación de tempada. Despois de salvarse a pasada campaña nun final agónico, a directiva comezou o verán renovando ao técnico Rubén Albés para que continuara un ano máis no banco do Anxo Carro.
Desta maneira, os movementos de xogadores iniciáronse para poder formar un equipo que logre o obxectivo do club sen o sufrimento destes anos. Sen embargo, a tempada non ten boa pinta ata o momento. Dos partidos de preparación tan só se suma unha vitoria contra o Compostela (0-3) e dous empates, un contra o Burgos CF (0-0) e outro contra o Oviedo (1-1).
En canto as derrotas, o equipo lucense caeu por 1 gol ante o Pafos chipriota e, as máis preocupantes foron as dúas últimas contra o Racing de Ferrol e o Coruxo nas que se perdeu, en ambas, por tres goles.
De feito, Albés mostrouse inquieto nesta última derrota contra o Coruxo no que o equipo estivo moi por debaixo do nivel do partido, algo que non pode ocorrer a tan só unha semana de comezar a primeira xornada de liga.
Con estas dúbidas o Lugo afronta a última semana de traballo para enfrontarse neste inicio de liga ao Oviedo na súa casa.