O CEIP Anexa de Lugo xa ofrece clases extraescolares de chinés

LugoXa
As clases son impartidas por Yin Xingyuan, auxiliar de conversa que se incorporou á Escola de Idiomas
clases-de-chinés-Anexa-Lugo
12 Nov 2024

Comezan as clases extraescolares de chinés no CEIP Anexa de Lugo organizadas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas (EOI). Este centro educativo súmase á iniciativa, única en Galicia, posta en marcha o pasado ano nos colexios Rosalía de Castro e Illa Verde.

Na inauguración, participaron a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en Lugo, Sagrario Sánchez; o director da EOI, Fernando Vázquez, e os directores dos centros implicados, entre outros.

As clases son impartidas por Yin Xingyuan, auxiliar de conversa que se incorporou á Escola de Idiomas a través dun convenio entre a Xunta e o Centro Chinés para a Cooperación e o Intercambio Internacional en Materia Lingüística.

O centro lucense ofrece cursos regulares de chinés desde hai máis de dez anos para persoas a partir de 14 anos.

0.11118698120117