O CEIP de Palas de Rei achega o galego aos usuarios do Camiño
O CEIP Plurilingüe de Palas de Rei está a desenvolver a actividade Verbas no Camiño. Con ela, pretenden achegar o idioma galego aos múltiples camiñantes que estes días fan o Camiño Francés.
Trátase dunha iniciativa, na que participan o alumnado de tódolos cursos do Centro, mediante a cal, cada alumno cubríu unha tarxeta coa verba galega elexida para agasallar ao camiñante que fai a ruta Xacobea, ditas tarxetas son repartidas no Punto de Atención ao Camiñante que o Concello de Palas ten asentado na área dos Chacotes, nos accesos ao núcleo urbano de Palas de Rei.
A iniciativa forma parte do Proxecto Documental Integrado: Palas no Camiño posto en marcha, neste curso académico (2021-22) no CEIP de Palas de Rei, con motivo do ano Xacobeo e mediante o cal, se desenvolven diversas iniciativas.
Entre as actividades levadas a cabo ao abeiro neste progreso, atópase a realización do Camiño por etapas dende Roncesvalles ata Palas de Rei, na primeira parte do curso. Durante a realización das etapas, fixeron unha labor de investigación e recollida de datos que logo plasmaron nun gran mural, que se pode visualizar na planta baixa do Centro Educativo e que percorre, a través de 30 etapas, a Cultura, Historia, gastronomía ou Patrimonio dos diferentes lugares polos que pasa o Camiño.
Continuaron achegándose ao Camiño ao seu paso por Palas de Rei; visitando os lugares máis representativos do municipio. Toda esta información, recóllese nun tríptico e nun mapa interactivo ao que calquera pode acceder e coñecer eses lugares baixo a mirada do alumnado do Centro.
As etapas dende Palas de Rei ata Monte do Gozo foron completadas, nesta segunda parte do curso, polo alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria. O vindeiro día 20 de xuño, todos os cursos do Ceip, percorren a etapa Monte do Gozo a Santiago de Compostela, con visita a Catedral, para elo, o Concello de Palas de Rei habilita unha serie de autocares que trasladaran o alumnado, profesores e demáis persoal ao punto de inicio e fin a etapa, como o fixo na etapas precedentes, posibilitando así, o desenrolo da iniciativa