O Ceip de Palas de Rei está a executar obras de restauración e mellora da Biblioteca

LugoXa
O Ceip de Palas de Rei coa colaboración do Concello están executando as obras de restauración e mellora das instalacións da Biblioteca
biblioteca palas melloras
9 Nov 2021

O Ceip de Palas de Rei coa colaboración do Concello de Palas de Rei están executando as obras de restauración e mellora das instalacións da Biblioteca, asentada na planta baixa Edificio Anexo do centro educativo.

O Ceip, que vén de iniciarse este ano no Plambe, Plan de Mellora de bibliotecas escolares, en virtude do cal, recibe financiación para renovar os fondos bibliográficos e para o servizo de carpintería; traballos consistentes na renovación do chan da biblioteca por tarima flotante así como, a substitución de diversos elementos que conforman a carpintería interior do inmoble e dos que se está encargando carpintería Josmar.

Pola súa parte, o Concello palense colabora nos traballos de acondicionamento do local e pintura interior, así como, na restauración de diversos elementos interiores como radiadores ou mobliliario interno, traballos estos, que están sendo executados polos conserxes e operarios municipais.

O director do Ceip Julio Alberto Árias, que destacaba a importancia destas obras para prestar un servicio de calidade e nunhas mellores condicións aos nenos e nenas do Centro, o que tamén posibilita a ampliación da superficie útil da Biblioteca, ao estar a Planta baixa do edificio anexo adicada en exclusiva aos servicios da Biblioteca, aproveitou tamén, para trasladarlle “o agradecemento do equipo directivo do Ceip ao Concello de Palas de Rei por esta colaboración conxunta que posibilita o desenvolvemento destas obras”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18289399147034