O CEIP do Concello de Palas de Rei será mellorado cunha achega de case 20.000 euros da Xunta

O entorno da pista multideportiva, o peche perimetral e a accesibilidade ao comedor escolar do CEIP do Concello de Palas de Rei serán mellorados e reacondicionado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia cun orzamento aproximado de 18.000 euros.
O alcalde, Pablo Taboada, agradeceu ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, esta importante colaboración para o Colexio Plurilingüe de Palas de Rei, así como tamén agradeceu o apoio ao equipo directivo e docente do Ceip plurilingüe de Palas de Rei pola súa colaboración nos proxectos executados.
O rexedor palense lembra que entre a Consellería de Educación e o propio Concello de Palas de Rei executaron máis de 450.000 euros en melloras e reformas no Centro Educativo palense nos últimos anos.