O CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei inaugura unha exposición sobre inventos e descubrimentos

LugoXa | TerraChaXa
Este proxecto inclúe información, obxectos e, sobre todo, materiais feitos a man pola comunidade educativa do centro sobre os cinco momentos históricos
exposicion-Historia-Ceip-Laverde-Ruiz-Outeiro-de-Rei
27 May 2025

O alumnado e profesorado do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei vén de promover unha gran exposición por todo o centro educativo enmarcada no traballo elaborado durante todo o curso escolar no marco do proxecto da Biblioteca titulado 'Inventos e descubrimentos'.

Este proxecto inclúe información, obxectos e, sobre todo, materiais feitos a man pola comunidade educativa do centro sobre os cinco momentos históricos: a Prehistoria, a Idade Antiga, a Idade Media, a Idade Moderna e a Idade Contemporánea.

A exposición estará dispoñible durante o día de hoxe, na que os nenos e nenas puideron desfrutar dos seus traballos durante a mañá e as familias e persoas interesadas poderán visualizala pola tarde.

⚙ Configurar cookies
0.17153096199036