O CEIP Paradai de Lugo acolleu un dos obradoiros do ciclo 'A aventura de ilustrar'

LugoXa
A actividade ofreceuse aos centros de ensino “como un recurso para achegar ao alumnado á lectura de banda deseñada"
CEIP-Paradai-Lugo-obradoiro-Deputación
7 Nov 2024

O CEIP Paradai de Lugo acolleu un dos obradoiros do ciclo 'A aventura de ilustrar' que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo está a desenvolver nos centros de ensino da provincia da man de Primitivo Marcos.

A actividade inclúe a presenza no centro dunha exposición baseada no último traballo do debuxante viveirense, a adaptación a banda deseñada da novela 'O paso do Noroeste', de Xavier Queipo, que explica, cun carácter pedagóxico e divulgativo, cada unha das etapa creativa do proceso de ilustración, dende a creación en bosquexos sinxelos da idea inicial ao remate a cor dun debuxo xa finalizado.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, presentaron a actividade, que se ofreceu aos centros de ensino “como un recurso para achegar ao alumnado á lectura de banda deseñada e explicar a función das imaxes en diferentes mensaxes e contextos de comunicación”.

Este forma parte da ampla programación que desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo se ofrece á comunidade educativa, a través dos centros de ensino e das asociacións de nais e pais.

O CEIP de Paradai sumouse así a outros 13 centros de ensino da provincia que acolleron a actividade desde o pasado mes de abril.

0.18056797981262