O CEIP Plurilingüe da Fonsagrada celebra mañá unha festa de fin de curso

LugoXa
O CEIP Plurilingüe da Fonsagrada celebra mañá 21 de xuño unha festa de fin de curso e de inicio da tempada estival
Festa fin de curso fonsagrada
20 Xuño 2023

O CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada celebra mañá mércores 21 de xuño unha festa de fin de curso que dará comezo ás 17.00 nas instalacións do centro.

A xornada contará coa presenza do equipo de Xotramu con xogos para todas as idades e tamén haberá unha merenda.

Ademais os asistentes poderán desfrutar dun concerto do grupo A gramola gominola.

Unha gran festa para celebrar o fin dun curso escolar, e o inicio da tempada estival.

Festa fin de curso a fonsagrada
0.10724401473999