O CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla inaugurou a súa nova biblioteca escolar

LugoXa
Ao abeiro do Plambe, ampliou os seus fondos bibliográficos e renovar o mobiliario e o equipamento, así como instalar unha aula sensorial
Biblioteca-Antas-de-Ulla
11 Apr 2025

O CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla inaugurou a súa nova biblioteca escolar, un espazo renovado ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe) impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e ao que o centro se incorporou no curso 2023-24.

En concreto, neste programa deseñado para fomentar o hábito lector, participan un total de 107 centros educativos da provincia de Lugo.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou que as bibliotecas escolares “son espazos clave para impulsar a aprendizaxe, a inclusión e o pensamento crítico no alumnado”.

Ademais, puxo en valor o compromiso do centro coa dinamización da súa biblioteca que, ao abeiro do Plambe, recibiu preto de 11.000 euros da Xunta de Galicia para ampliar os seus fondos bibliográficos e renovar o mobiliario e o equipamento, así como instalar unha aula sensorial.

A representante da Consellería de Educación animou ao equipo docente e aos alumnos a “sacarlle o máximo partido” a este novo espazo onde se pode combinar o fomento da lectura co uso da tecnoloxía e traballar aspectos clave como a comunicación e o traballo en equipo.

0.15989804267883