O CEIP Ramón Falcón celebra este sábado o seu 50 aniversario cunha gran festa

LugoXa | TerraChaXa
A celebración comezará ao redor das 12:00 horas, cando o centro abrirá as súas portas a todas as persoas que queiran visitarlo
ramon-falcon-de-castro
29 May 2025

O 31 de maio será unha data moi especial para a comunidade educativa do CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei, que celebra o seu 50 aniversario. Medio século de vida escolar que será homenaxeado cun programa festivo e emotivo, cargado de simbolismo, memoria e ilusión polo futuro.

A celebración comezará ao redor das 12:00 horas, cando o centro abrirá as súas portas a todas as persoas que queiran visitarlo e reencontrarse cos corredores, aulas e espazos que marcaron a súa infancia. A visita non será guiada, pero o equipo docente estará presente para resolver dúbidas e acompañar aos antigos alumnos e visitantes.

A partir das 14:00 horas, a festa continuará cunha sesión vermú, que dará paso á comida popular. Pola tarde, os máis pequenos e maiores poderán gozar de animación infantil e música con monitores, así como doutras sorpresas, entre as que destacan sorteos de lotes doados por comercios locais que quixeron colaborar na celebración, ben con aportacións económicas ou materiais.

programa-aniversario-ramon-falcon
⚙ Configurar cookies
0.16506886482239