O Cemiterio de Lugo, representado en Funergal

LugoXa
A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, representa ao Concello de Lugo na edición 2022 da feira Funergal
Cristina Lopez Funergal
19 Maio 2022

O Concello de Lugo está presente, hoxe, na feira funeraria, Funergal, que durante esta semana celébrase en Ourense.

A encargada de representar á cidade e o cemiterio municipal é a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, quen ademais acode como integrante da directiva da Asociación Estatal de Entidades e Empresas Municipais de Servizos Funerarios.

Asemade, López tamén participará no 2º congreso internacional de directivos funerarios , que se organiza ao mesmo tempo que a feira.

Funergal é o principal punto de encontro do sector funerario do estado e de Portugal, e ano tras ano reúne ás principais empresas e acolle as presentacións das últimas novidades do sector.

A participación neste evento, de calado internacional, contribúe á proxección do Cemiterio Municipal de San Froilán, que se está a converter nun dos cemiterios máis emblemáticos do estado.

0.17131495475769