O Cemiterio de San Froilán xa ten a súa programación de outono

LugoXa
Cristina López, presentou as actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos.
programacion cemiterio san froilan
29 Out 2022

A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou as actividades que se realizarán no Cemiterio co gallo da festividade de Santos. Cristina López presentou as cinco primeiras actividades que se estenderán até mediados de decembro"Unha serie de actividades diversas e que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio", explicou Cristina López.

O 30 de outubro e o propio día de Santos, o Cemiterio encherase de música durante todo o día, coas agrupacións da asociación Músico Crisanto realizando distintos concertos entre as 11:30 e as 13:30, e pola tarde de 17 a 18 horas. O día 2, volverá a ofrenda floral da Corporación Municipal a todos os defuntos do Cemiterio Municipal, mentres que a lectura dramatizada de Don Juanín, a cargo de nenas e nenos de Malala Teatro e da Escola Palimoco de Teatro será o día 6, a partir das 19:00.

As actividades continuarán con visitas teatralizadas o día 20 de novembro e o 18 de decembro, con Achádego Teatro, ambas a partir das 17:30 horas, e co concerto da lembranza, adicado a Ana Goy, que será o 30 de novembro ás 19:30.

O VIII Concurso de Fotografía Estampas de Paz e Acougo  terá lugar do 18 de outubro até o 3 de novembro, que nesta edición versará sobre a simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. Premiaranse tres fotografías, con 600, 400 e 200 euros cada unha.

0.18971014022827