O Cemiterio Municipal acollerá actividades co fin de achegar o patrimonio á veciñanza

LugoXa
El Cementerio Municipal San Froilán de Lugo acogerá actividades para promover el patrimonio artístico, histórico y arquitectónico.
actividades cemiterio municipal lugo
17 Mar 2022

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, deu conta das actividades que acollerá o Cemiterio Municipal nos vindeiros meses para "achegar o noso patrimonio artístico, arquitectónico e histórico". "O noso cemiterio é un lugar fermoso, cheo de cultura e historia, cun contido cheo de arte funerario de gran beleza", afirmou Cristina López.

As actividades comezarán na mañá do vindeiro día 19, a partir das 13.00 horas, coa celebración do día do pai, cunha actividade a cargo da Escola Palimoco de Teatro.

Os días 24 de abril, 22 de maio e o 19 de xuño, a compañía Achádego Teatro retomará a celebración das visitas teatralizadas no cemiterio, “un éxito de asistencia entre a veciñanza cada vez que se realizan”, afirmou a concelleira de Participación.

O 1 de maio, a Escola Palimoco de Teatro e Danza organizará unha celebración polo día da nai, e o 29 de maio a partir das 20.00 horas, o cemiterio acollerá a representación do Estudio Teatral de Lorca.

0.16790986061096