O cemiterio municipal de Lugo contará cun espazo para honrar as persoas que sufriron na Guerra Civil
O Concello de Lugo establecerá un espazo concreto de lembranza do cemiterio municipal para todas as persoas "que sufriron as consecuencias de pensar diferente" no seu compromiso coa memoria histórica e a honra das vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista.
O proxecto polo que se fará este espacio xa está completo no seu proceso de adxudicación e xa se convocou un acto público aberto para a presentación da maqueta.
Este proxecto contará cunha obra de gran formato, realizada polo artista Álvaro de la Vega, que se situará nun punto destacado da zona antiga do cemiterio municipal de San Froilán, coa intención de honrar a memoria das persoas asasinadas durante o conflito e o periodo da ditadura.
Esta iniciativa, insiste a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, "forma parte do compromiso do Concello de Lugo coa recuperación da memoria histórica, respectando e atendendo as demandas da veciñanza".
Ademais, dende o goberno municipal está previsto facer, no cemiterio de Lugo, unha estatua de recoñecemento ás persoas represaliadas polo franquismo.