O Centrad acolleu unha charla sobre benestar animal en vacún de leite ecolóxico
A sala central do Centro de Artesanía e Deseño acolleu unha xornada formativa organizada pola Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico sobre benestar animal en vacún de leite ecolóxico, coa colaboración da área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A veterinaria Nina Vázquez especializada en benestar animal e auditora impartiu a charla “O benestar animal como ferramenta de mellora na gandaría”, na que falou de prácticas de manexo e certificación en benestar animal, abordando máis frecuentes e as posibles opcións de mellora en benestar animal. A xornada continuou cun taller práctico na gandaría As Pontellas de Outeiro de Rei, no que se repasaron os principais indicadores de benestar animal e a súa aplicación práctica e utilidade no manexo da granxa.
A colaboración co evento encádrase na aposta que a área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo fai polas producións diferenciadas e de calidade e pola formación como base para acadar as metas de profesionalización do sector primario.