O Centrad incorpora catro obras de José María Lugilde que retratan a súa evolución creativa

LugoXa
O pintor doa ó Centro de Artesanía e Deseño de Lugo unha selección que inclúe un óleo da súa etapa de formación e tres pezas recentes que fusionan pintura e escultura
José-María-Lugilde-Centrad-Lugo
11 Jul 2025

O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo ampliou a súa colección cun conxunto de catro obras doadas polo artista lucense José María Lugilde. A achega recolle distintos momentos da súa traxectoria, incluíndo un óleo que realizou durante os seus anos como alumno da antiga Escola de Artes e Oficios, situada onde hoxe se atopa o propio Centrad, e tres obras de técnica mixta que exemplifican a súa evolución cara á fusión entre pintura e escultura.

As pezas incorporadas son o óleo titulado Patio escuela, que remite á súa etapa de aprendizaxe, e as creacións Trouxénorolo, Manis e Mortis e Últimos Kájaros, que sintetizan as claves estéticas e conceptuais da súa produción máis recente.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acudiu esta mañá ao centro para visitar as obras na súa nova localización, na entrada principal do edificio, acompañado polo propio Lugilde e por persoal do Centrad. Durante a visita, o artista manifestou o seu apego a este espazo, onde se formou baixo a guía de mestres como o pintor Luis Gómez Pacios.

Lugilde xustificou a doazón pola vontade de compartir a súa obra co conxunto da cidadanía, destacando a identidade do Centrad como un lugar ligado á creatividade e á formación artística.

⚙ Configurar cookies
0.16901016235352