O centro cívico da Milagrosa reabre hoxe cun baile de Nadal para a terceira idade

LugoXa
Este domingo reabrirán as instalacións do Centro Cívico da Milagrosa, sito no parque de Frigsa, cun baile de Nadal para a terceira idade.
Milagrosa centro civico baiel
18 Dec 2022

Este domingo reabrirán as instalacións do Centro Cívico da Milagrosa, sito no parque de Frigsa, cun baile de Nadal para a terceira idade.

Recupéranse así estas sesións logo do paréntese que propiciou, primeiramente, a chegada da COVID-19 e, despois, a realización de obras de mellora para incrementar a eficiencia enerxética das dependencias.

Uns traballos que a rexedora cualificou como "totalmente necesarios e que van contribuír a aumentar o seu confort ofrecendo ás persoas usuarias un espazo máis cómodo e funcional”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil responsable de área, Olga Rópez Racamonde, aproveitaron para facer un chamamento aos veciños e veciñas, a sumarse este domingo, a partires das 17.30h, a unha xornada “moi especial” aberta a todas aquelas persoas que queiran participar na que “converteremos, por un día, os habituais bailes do centro social da Milagrosa, nunha ocasión para que a cidadanía poida reforzar lazos e gozar dun gran baile de Nadal, con música en directo e petiscos”.

Así, a partir desta fin de semana, os bailes de maiores regresarán ao barrio, todos os sábados e domingos, das 16.30 ás 20.00 horas. A concelleira de Benestar Social, Olga López lembrou que, dende marzo, “tamén se están a celebrar nos centros Díaz Castro e no Maruja Mallo, os mesmos días e no mesmo horario”.

Obras eficiencia enerxética no centro social da Milagrosa

O centro social da Milagrosa foi unha das oito dependencias municipais beneficiarias das obras de mellora da eficiencia enerxética cun investimento total de 3,7 millóns de euros, dos que o 80% da financiación procede das subvencións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), acadadas polo Concello.

As actuacións acometidas no Centro social da Milagrosa tiveron lugar nas fachadas, cubertas, falsos teitos, ventás e portas permitindo reducir a demanda enerxética de calefacción.

0.12719488143921