O Centro Coreográfico Galego organiza en Lugo unha sesión formativa

LugoXa
O Centro Coreográfico Galego trae a Lugo unha sesión formativa co coreógrafo e videocreador Iker Gómez en torno á creatividade no baile.
Formación CGG
27 Jun 2022

Lugo é unha das cidades elixidas polo Centro Coreográfico Galego para acoller os centros que este centro artístico desenvolverá no segundo semestre deste ano, arredor de diferentes temáticas como a prevención de lesións, o poder terapéutico da danza, diferentes estilos e técnicas coreográficas ou a xestión de compañías e espectáculos.

Desta volta, a unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades estende a súa oferta de formación continua máis alá da súa sede na Coruña, con sesión en Lugo e outras cidades galegas como Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. A descentralización desta actividade atópase en liña coas medidas acordadas co sector esta mesma semana como parte do documento que servirá de base para a redacción do Plan Integral para a Danza de Galicia.

Os profesionais desta disciplina artística son os principais destinatarios dos encontros do Centro Coreográfico Galego, que volven contar cun profesorado de recoñecida traxectoria nos seus respectivos ámbitos como María Jesús Peces-Barba, Iker Gómez, Fran Sieira, Lázaro Carreño, Leodan Rodríguez, Manuel Laho, Uxío Novo, Laura Llauder, Beatriz Churruca e Igor Calonge. Para todo eles, acaba de abrirse o prazo de solicitude seguindo as instrucións dispoñibles na web www.centrocoreografico.gal.

En xullo, entre os días 18 e 22, o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo acollerá o curso de análise coreográfica Desde o coñecemento teórico á inspiración creativa, que impartirá o coreógrafo e videocreador Iker Gómez, docente do itinerario de Danza Contemporánea do Instituto Universitario Alicia Alonso da Universidade Rey Juan Carlos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18038702011108