O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo acolle unhas xornadas sobre encaixe contemporáneo

O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo acolle ata o venres unhas xornadas sobre encaixe contemporáneo aplicado á creación de paisaxes artísticas a cargo da recoñecida mestra Bistra Pisancheva.
As participantes elaboran as súas propias pezas con esta novidosa técnica coa que recrean paisaxes ou outras estampas cotiás, tomando como referencia as indicacións da artesa búlgara, recoñecida internacionalmente. Na mesma sala, exhíbense algunhas das súas pezas.
A actividade, organizada pola asociación de palilleiras Alfinete coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion continuarán ata o venres, cando se celebrará unha clase maxistral aberta ao público en xeral.