O centro de convivencia Maruja Mallo acolle unha charla informativa polo día de menopausa

LugoXa
Mañá 18 de outubro o centro de convivencia Maruja Mallo acolle unha charla sobre a menopausa no seu día mundial
Día da Menopausa
17 Oct 2022

A Concellería de Muller e Igualdade celebrará o Día da Menopausa cunha charla-merenda informativa para afondar nesta etapa vital da muller. Será o propio día da menopausa, que se conmemora o 18 de outubro, ás 18.00 horas, no salón de actos do centro de convivencia Maruja Mallo. A entrada é libre e gratuíta.

Silvia Alonso explicou que a actividade ten como obxectivo "profundizar nos síntomas da menoapusa e nas accións para previr os síntomas e combatelos, rachar cos mitos que a rodean e dar a coñecer os tratamentos dispoñibles". Nesta liña, fixo un chamamento para que a veciñanza participe nesta cita.

A charla correrá a cargo de Berta Pérez Landín, responsable técnico do CIM do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, quen colabora coa Concellería na visibilización desta data. Nesta liña, Concello e Colexio Oficial editaron diversos folletos que se entregarán en todas as oficinas de farmacia do municipio de Lugo.

171022 Día da Menopausa

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1958909034729