O Centro de Día de Friol crea un grupo de apoio para familias e persoas coidadoras

LugoXa | TerraChaXa
Durante este encontro inicial abordarase como tema principal as alteracións que poden provocar os cambios estacionais nas persoas ás que se coida
mans-anciá-maior
18 Mar 2026

O Centro de Día de Friol porá en marcha un novo servizo dirixido ás familias e ás persoas coidadoras das usuarias e usuarios do centro. Trátase do Grupo de Familias e Coidadores, un espazo pensado para compartir experiencias, adquirir coñecementos e fomentar o apoio mutuo entre as persoas que participan no coidado diario.

A primeira sesión desta iniciativa celebrarase o martes 24 de marzo, entre as 16.00 e as 17.00 horas, nas instalacións do propio centro, situadas na Avenida de Santiago, número 76, en Friol.

Durante este encontro inicial abordarase como tema principal as alteracións que poden provocar os cambios estacionais nas persoas ás que se coida. Os profesionais ofrecerán explicacións sobre como estas variacións poden influír no estado físico ou emocional e facilitarán recomendacións e estratexias prácticas para afrontar mellor estas situacións no día a día.

O obxectivo desta actividade é crear un punto de encontro no que as familias e coidadores poidan resolver dúbidas, intercambiar vivencias e reforzar a rede de apoio que se xera arredor das persoas dependentes. A iniciativa busca tamén proporcionar ferramentas útiles que contribúan a mellorar o benestar tanto das persoas coidadas como de quen as atende.

0.13823699951172