O Centro de día do Corgo celebra o seu XIV aniversario
LugoXa
O Centro de día do Corgo celebra o seu XIV aniversario coa actuación de varios artistas o mércores e o xoves
21 Mar 2023
O mércores, día 22 de marzo, o Centro de Día do Corgo celebra o seu XIV aniversario, e contará coa presenza da artista Lucía Pérez que deleitará aos asistentes ao centro de maiores co seu último traballo musical La Penúltima, canción que os usuarios están coñecendo e practicando para acompañar a Lucía.
Á actuación estarán convidadas tódalas familias así como o público que queira achegarse ás 12.00 da mañá ata o Centro .
Así mesmo, o día 23 de marzo, xoves, ás 15.00 continuarán os festexos do aniversario, e ofrecerase a actuación do violinista Rodrigo Vázquez e a pianista Beny Argüelles , que presentarán un repertorio de bandas sonoras de películas.
Ao remate, convidarase aos presentes a un aperitivo.