O centro social A Hedreira acolle un encontro co sector da limpeza de Lugo
Como parte da programación deste mes de febreiro, o centro social autoxestionado A Hedreira organiza este sábado un encontro co sector da limpeza en Lugo. A través da proposta charlarán coas limpadoras que trasladarán a súa loita e reivindicacións nun ámbito profesional maioritariamente feminino e precarizado.
A actividade terá lugar a partir das 20.00 horas. Posteriormente, a partir das 21.45 horas, terá lugar unha cea vegana. O prezo é á vontade de cada asistente aínda que é preciso reservar a través do correo csahedreira@riseup.net.
Presentacións de libros, un mercadiño de trocos, distintos obradoiros e un simposio sobre a escalada da violencia no mundo completan a programación do centro social para as próximas fins de semanas deste mes. Todas as actividades son de carácter gratuíto.