O centro social A Hedreira de Lugo organiza unha xuntanza contra Altri e a instalación de eólicos

LugoXa
Este martes día 23 o centro social A Hedreira de Lugo acolle unha articulación social fronte á depredación da natureza.
22 Abr 2024

Este martes día 23 o centro social A Hedreira de Lugo acolle unha articulación social fronte á depredación da natureza. A xuntanza contará coa presenza de Margarida Prieto Ledo, responsable da loita contra o Paramento de Terras no Sindicato Labrego Galego.

A cita nace como protesta á macrocelulosa Altri e contra a instalación de máis eólicos na comunidade. Comezará a partir das 20.30 horas.

0.16383194923401