O centro sociocultural do Corgo ofrece un curso de primeiros auxilios o 29 de febreiro

LugoXa
O vindeiro 29 de febreiro, o centro sociocultural do Corgo acollerá un curso de RCP e primeiros auxilios.
12 Feb 2024

O vindeiro 29 de febreiro, o centro sociocultural do Corgo acollerá un curso de RCP e primeiros auxilios. Trátase dunha formación de 3 horas de duración que se impartirá de 16.00 a 19.00 horas.

É una proposta totalmente gratuíta, que inclúe a expedición de certificado pola Escola Galega de Saúde. No programa tratarase a atención inical en situacións de urxencia máis frecuentes, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas e hemorraxias, dificultade respiratoria, hipoglicemia, reacións alérxicas e RCP.

Os interesados xa poden realizar a súa inscrición no centro sociocultural, a través do correo afalu@afalu.org ou da web.

0.08978009223938