O Centro sociocultural Paco Pestana de Castroverde acollerá a obra ‘Un safari Xeitoso’

LugoXa
A obra poderá verse de maneira gratuíta e poderán ir todos os veciños e veciñas, xa que é unha comedia para todos os públicos.
un-safari-xeitoso
7 Dec 2024

O Concello de Castroverde acolle unha nova proposta cultural a través dunha representación teatral no marco do Circuíto de Teatro Afeccionado 2024.

Desta maneira, o vindeiro sábado, 14 de decembro, ás 19.00 horas, o Centro sociocultural Paco Pestana de Castroverde acollerá a obra ‘Un safari Xeitoso’.

Esta obra, do Grupo de Teatro Os Trocos, poderá verse de maneira gratuíta e poderán ir todos os veciños e veciñas, xa que é unha comedia para todos os públicos.

0.19583082199097