O CF Friol despedirá a tempada cunha gran festa no Club Fluvial

LugoXa | TerraChaXa
O evento arrincará ás 14:00 horas cunha sesión vermú e continuará ás 15:00 horas cun xantar
cf-friol-fin-de-tempada
12 Jun 2025

O Club de Fútbol Friol celebrará este sábado 14 de xuño unha gran festa de fin de tempada para toda a súa familia deportiva. A cita será no Club Fluvial de Friol, onde xogadores, socios, colaboradores e afeccións compartirán unha xornada de convivencia marcada pola gastronomía e a música.

O evento arrincará ás 14:00 horas cunha sesión vermú e continuará ás 15:00 horas cun xantar no que se servirá unha gran paella e churrascada, completamente gratuíta para socios e colaboradores do club. A organización avisa que para participar é imprescindible anotarse previamente no número de teléfono 699 994 060.

Durante a xornada tamén haberá música, agasallos e moitas sorpresas para todos os asistentes. O obxectivo é celebrar o peche dunha nova tempada de esforzo, compromiso e paixón polo fútbol, nun ambiente distendido e festivo.

O CF Friol convida a toda a súa comunidade a participar e desfrutar deste día tan especial.

⚙ Configurar cookies
0.16877102851868