O CHL Meigas completa un intenso fin de semana con varios encontros exitosos

LugoXa
O equipo feminino suma boas sensacións competitivas mentres o Prebenxamín confirma a súa progresión e futuro
CHL-Meigas-feminino
15 Dec 2025

O equipo feminino do CHL Meigas, que se atopa na Liga Prata Feminina, completou unha intensa fin de semana con tres encontros consecutivos. O primeiro, ante o Metropolitano HC, o CHL Meigas levou o control do partido e gañou. No segundo, fronte ao CDE Patinaxe Liña Madrid (Fénix), o CHL Meigas volveu amosar unha notable solidez defensiva, encaixando só dous goles ante un rival de moito nivel competitivo. E no terceiro encontro, ante Renos Móstoles, o CHL Meigas foi capaz de trasladar o dominio territorial ao marcador.

O adestrador, Álex, sostivo que queda "satisfeito co fin de semana. A nivel persoal, estou moi contento co traballo das xogadoras, especialmente porque por primeira vez empecei a velas máis como un equipo sobre a pista e non tanto como xogadoras individuais compartindo espazo".

Pola súa parte, con respecto á Liga Prebenxamín, o CHL Meigas Prebenxamín destacou fronte ao CPL Brigantium, marcando partido moi completo tanto a nivel de xogo como de aprendizaxe. No segundo encontro, ante o ADC Alquimia Inline, o Meigas volveu mostrar unha versión moi sólida. A nivel colectivo destacaron as combinacións ofensivas e o compromiso defensivo, pechando a xornada con moi boas sensacións.

Así, o adestrador sostivo que está "moi contento con todos, especialmente cos máis pequenos. Sabía que os xogadores máis maiores desta categoría no club non ían ter ningún problema, porque levan anos traballando e son nenos que van destacar sen dificultade. O que realmente me parece incrible é ver xogadores de 5 e 6 anos capaces xa de saír á pista, patinar, entender minimamente o que está pasando no partido e intentar aportar ao equipo".

⚙ Configurar cookies
0.080920934677124