O CHL Meigas de Lugo arrasa na Liga Prebenxamín

O CHL Meigas de Lugo tivo unha actuación destacada na Liga Regular Prebenxamín, celebrada no pavillón Daniel Cordido en dúas quendas, nas que destacou con dúas vitorias.
A primeira foi contra ao Club Hockey Isla Pancha nun partido que estaba pensado para dar protagonismo aos máis pequenos da categoría, que responderon con personalidade e confianza. Desde o primeiro tempo, o CHL Meigas marcou o ritmo do encontro, chegando ao descanso con 0-2, e na segunda metade ampliou a vantaxe grazas ao xogo colectivo e á iniciativa ofensiva. Segundo o adestrador Alex Fernández, “queriamos que os máis pequenos sacaran o partido adiante por si sós, e este foi un primeiro paso”.
Por outra banda, na seguinte xornada sumou outra vitoria clara. O equipo dominou desde o primeiro tempo con intensidade e acerto ofensivo, chegando ao descanso cun 1-6 favorable. Na segunda metade mantivo o ritmo, xerou ocasións e ampliou o marcador con bo xogo colectivo e boas rotacións. Fernández subliñou que “este partido colócanos como líderes ao peche da primeira volta, e temos moitas ganas de ver como segue desenvolvéndose o equipo nos próximos encontros”.
Estes encontros evidencian o bo momento do CHL Meigas e a solidez do seu equipo Prebenjamín, que promete seguir crecendo e consolidándose como unha das formacións máis potentes da categoría.