O CHL Meigas de Lugo suma un novo fin de semana de éxitos na Liga Regular Infantil de hockey liña

O CHL Meigas de Lugo continuou a súa excelente campaña na Liga Regular Infantil 2025/2026 de hockey liña cun novo fin de semana exitoso no Pabellón Daniel Cordido Castro.
No primeiro partido, o equipo destacou pola súa capacidade defensiva, mantendo un alto nivel durante todo o encontro. Aproveitou de forma eficaz as ocasións de ataque e soubo interpretar as necesidades do partido, sufrindo cando era necesario, controlando os ritmos e golpeando nos momentos clave para conseguir unha vitoria crucial.
No segundo encontro, o CHL Meigas amosou un rendemento sólido desde o inicio, combinando unha defensa segura cunha gran eficacia ofensiva. O equipo chegou ao descanso cunha vantaxe clara de 4-0 e na segunda metade conseguiu manter o control do xogo, seguir creando ocasións e ampliar o marcador con orde e paciencia, logrando unha vitoria completa en todas as fases do partido.