O CHL Meigas mostra evolución e competitividade na Liga Benxamín

LugoXa
O equipo afrontou catro partidos de gran nivel, demostrando valentía, carácter e capacidade ofensiva
CHL-Meigas-Benxamin
10 Feb 2026

O CHL Meigas desprazouse ao Polideportivo A Carballeira en Ourense para disputar catro encontros correspondentes á Liga Regular Benxamín 2025/2026, deixando unha boa impresión en todos eles. No primeiro partido, Aquelarre Meigas enfrontouse ao CPL Brigantium nun choque de alto nivel competitivo. O equipo máis novo do CHL soubo competir sen complexos, manter o ritmo do xogo e crear dificultades constantes ao rival, amosando personalidade, valentía e unha evolución moi prometedora, máis aló do resultado.

No segundo encontro, Lostregos recibiu a Aquelarre Meigas nun partido moi disputado, no que os visitantes chegaron ao descanso por diante (1-2) e mantiveron a confrontación durante todo o encontro. A pesar da maior eficacia de Lostregos en momentos clave, o equipo de Sarria demostrou capacidade para entender as diferentes fases do xogo e competir ata o final.

No terceiro choque, Lostregos e CHL Meigas protagonizaron un partido aberto e de ritmo elevado, con continuas alternancias no marcador. O CHL logrou chegar ao descanso con vantaxe (3-4) e mantivo a iniciativa na segunda parte, xestionando mellor os momentos decisivos para pechar unha vitoria traballada nunha pista esixente, amosando carácter competitivo e capacidade ofensiva, aínda que con marxe de mellora na definición.

Finalmente, no cuarto partido, o Club Hockey Isla Pancha enfrontouse ao CHL Meigas, que dominou desde o inicio cun ritmo alto e unha clara superioridade ofensiva, chegando ao descanso cunha ampla vantaxe (0-8). Na segunda parte o equipo continuou creando moitas ocasións e mantendo o control do xogo, aínda que o rival conseguiu recortar distancias, consolidando unha vitoria clara e deixando marxe de mellora na definición pese ao elevado número de oportunidades creadas.

⚙ Configurar cookies
0.096084117889404