O ciclo de cursos de cestería chega a Orbazai para reforzar a tradición artesanal e a participación veciñal

LugoXa
A iniciativa impulsada polo Concello de Lugo e a Deputación busca transmitir coñecementos e dinamizar o tecido comunitario
cesteria-Orbazai-Lugo
22 Sep 2025

O ciclo de cursos de cestería continúa a percorrer as parroquias do municipio e nesta ocasión foi Orbazai quen acolleu unha nova sesión formativa organizada pola Área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas desta arte artesanal cun forte peso na identidade cultural galega. No encontro participaron tamén a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, e a concelleira de Educación, Iria Buide, quen puxeron en valor a boa acollida que a iniciativa está a ter entre as asociacións locais.

“Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan á veciñanza a implicarse de maneira activa”, destacou López, quen subliñou que “é unha forma de apoiar ás asociacións e, ao mesmo tempo, garantir que tradicións como a cestería sigan vivas”.

O programa abrangue un total de 15 horas de formación básica, distribuídas en cinco sesións por grupo. Con este formato, o Concello busca descentralizar a oferta municipal, achegar a aprendizaxe práctica aos barrios e parroquias e reforzar a transmisión dos saberes populares.

⚙ Configurar cookies
0.10951495170593