O CIFP As Mercedes conectou coa Base Antártica Española Gabriel de Castilla

LugoXa
O alumnado do centro amosouse moi interesado nas explicacións e tivo a oportunidade de interactuar cos expertos
Videoconferencia-CIFP-Lugo
10 Feb 2025

O CIFP As Mercedes de Lugo tivo unha videoconferencia coa Base Antártica Española (BAE) 'Gabriel de Castilla', situada na Illa Decepción, preto da península antártica.

Durante o encontro, o alumnado puido coñecer de primeira man os diferentes proxectos científicos que se están a desenvolver na base, ademais das peculiares condicións de vida nun entorno tan extremo.

Na actividade, persoal do equipo militar e científico da base explicou a historia da instalación e os proxectos nos que traballan. Entre eles, destacaron estudos sobre vixilancia volcánica, xeoloxía, cambio climático e o comportamento de especies como os pingüíns e outras aves mariñas.

O alumnado do centro amosouse moi interesado nas explicacións e tivo a oportunidade de interactuar cos expertos, formulando preguntas tanto sobre os aspectos científicos dos estudos en curso como sobre as experiencias persoais do equipo na Antártida.

A Base Antártica Gabriel de Castilla foi instalada polo Exército de Terra durante a terceira Campaña Antártica Española a finais de 1989, converténdose en base permanente dez anos máis tarde. Desde entón, acolle numerosas investigacións de interese global.

Iniciativas coma esta videoconferencia contribúfen a fortalecer o vínculo entre a comunidade científica e o estudantado, fomentando ao mesmo tempo unha maior concienciación ambiental e o interés pola investigación en zonas remotas do planeta.

0.11137700080872