O CIM de Palas atendeu nos últimos doce anos máis de 2.000 consultas xurídicas e a 149 vítimas

LugoXa
El CIM de Palas de Rei se rige por el principio de atención universal a las mujeres. Proporciona apoyo jurídico, psicológica, orientación...
26 Nov 2021

O Centro de información á muller de Palas de Rei deu nos últimos doce anos resposta a máis de 2.100 consultas xurídicas e prestou atención a unhas 150 vítimas de violencia de xénero. Trátase dun recurso esencial na loita contra esta lacra e no avance cara a unha igualdade real e efectiva, que debe ser valorizado.

A actividade dos CIM é imprescindible, xa que se rexen polo principio de atención universal ás mulleres para proporcionarlles apoio xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral.

A Xunta ofrece asistencia técnica para a creación de novos CIM que desexen integrar os concellos, e tamén o sostemento do seu persoal con fondos autonómicos. En 2022, estes apoios incrementaranse o 10,5%, ata os históricos 4M€.

O CIM de Palas de Rei recibiu desde 2009 uns 850.000 euros no marco destas liñas de axuda, máis de 83.000 -o seu máximo- na convocatoria deste ano. A estes cartos cabe engadir o investimento que a Xunta destina para que as entidades locais promovan actividades de conciliación e actuacións a prol da igualdade, das que o concello lucense é beneficiario ano tras ano.

Con todos estes apoios, o centro de Palas, que da cobertura a outros cinco concellos da zona -Antas de Ulla, Friol, Guntín, Monterroso e Portomarín- prestou desde 2009 asistencia xurídica a 2.131 mulleres, deu apoio psicolóxico a 1.770 e atendeu a 149 vítimas da violencia de xénero. No mesmo período, ofreceu orientación para o emprego a cerca de 200 usuarias e sobre recursos ao seu dispor a unhas 700.

Susana López Abella fixo estas apreciacións na presentación do documental Son de Muller, elaborado polas asociacións e a veciñanza desta localidade, ocasión que aproveitou para destacar o traballo colaborativo realizado por entidades como a asociación de amas de casa, a comunidade escolar do IES Palas de Rei, ou grupos culturais como Alentía Teatro e Obradoiro de Teatro do concello.

López Abella resaltou a importancia de implicar ás persoas mozas nas reflexións acerca das desigualdades e da loita contra a violencia de xénero con iniciativas como esta peza audiovisual que relata pequenas historias reais, contadas por rapazas adolescentes, que analizan aspectos relacionados coa igualdade da súa propia xeración e a da das súas nais e avoas.

Ao igual que o documental, incidiu a secretaria xeral, a Xunta quere promover relacións respectuosas e que axuden a lanzar unha mensaxe unívoca de NON contra a violencia de xénero e avanzar cara á igualdade real e efectiva en Galicia.

0.21065807342529