O CIM de Palas convoca un certame co gallo do 8M para o alumnado da comarca

TerraChaXa | LugoXa
El CIM de Palas de Rei se rige por el principio de atención universal a las mujeres. Proporciona apoyo jurídico, psicológica, orientación...
CIM palas antas guntin portomarin monterroso friol
29 Feb 2024

O Centro de Información á Muller (CIM) convoca un certame de tarxetas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller 2024 dirixido ao alumnado dos Ceip de Palas de Rei, Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol.

Con catro categorías: educación Infantil de 3, 4 e 5 anos; primeiro e segundo de primaria de 6 a 7 anos; terceiro e cuarto de primaria de 7 a 8 anos; e quinto e sexto de primaria de 9 a 10 anos e un premio por cada categoría consistente en material escolar, por valor de 30 euros.

A temática da tarxeta será a muller e o seu traballo hoxe e valorándose a orixinalidade e a creatividade, tanto na técnica utilizada como na elección do motivo.

0.19297194480896