O CIM de Palas de Rei elixiu aos gañadores do certame de tarxetas do 8M

LugoXa
O concurso ía dirixido a alumnos dos centros de Educación Infantil e Primaria de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Friol e Guntín
palas de rei 8M debuxo gañador concurso cim
11 Mar 2021

O Centro de Información á Muller de Palas de Rei vén de dar a coñecer os gañadores do concurso de tarxetas 'A muller e o seu traballo hoxe' que convocara con motivo do 8M. O certame ía dirixido a alumnos dos centros de Educación Infantil e Primaria de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Friol e Guntín, e establecía diferentes categorías segundo as idades dos autores.

Así, na categoría de 5º e 6º de Primaria, de entre 9 e 10 anos, o gañador foi Daniel Varela Burgos, do CEIP de Palas de Rei.

Na categoría de 3º e 4º de Primaria, de 7 e 8 anos, gañou Jesús Medela Vázquez, do CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.

Na categoría de 1º e 2º de Primaria, de 6 e 7 anos, o vencedor foi Manuel Coucheiro Rodríguez, tamén do CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla.

E na categoría de Educación Infantil, con alumnos de 3, 4 e 5 anos, o gañador foi Rubén López Borges, do CEIP de Palas de Rei.

palas de rei 8M debuxo gañador concurso cim 2
0.20036387443542