O Cine na Rúa chega a Castroverde este sábado

LugoXa
O vindeiro sábado 19 de agosto Castroverde acolle unha xornada de Cine na Rúa.
CIne na rua castroverde portada
17 Ago 2023

O vindeiro sábado 19 de agosto Castroverde acolle unha xornada de Cine na Rúa.

A película proxectarase ás 22.30 na praza do Concello e será As Bestas do director Rodrigo Sorogoyen.

Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou fai un tempo nunha vila do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na vila ata chegar a un punto de non retorno.

As entradas son de balde.

CIne na rua castroverde
0.090395927429199