O circuíto da Pastoriza acolle esta fin de semana o Volante Deputación

LugoXa | TerraChaXa
O gañador obterá unha praza no Rally San Froilán
presentacion-volante-deputacion
Presentación do evento
12 Xul 2024

Esta fin de semana celébrase no circuíto da Pastoriza o Volante Deputación, un programa deportivo e formativo patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo que ofrece a pilotos noveis a oportunidade de iniciarse na competición automobilística.

160 pilotos participarán nas probas cronometradas que se realizarán na xornada do sábado e na mañá do domingo no circuíto pastoricense, e das que sairán oito clasificado/as para competir polo premio na semifinal e na final, que se celebrará o domingo pola tarde.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro valorou “a posibilidade que o Volante Deputación ofrece a pilotos noveis de formarse en conducción deportiva e entrar en contacto coa competición de forma gratuíta, canalizando o interese e a afección por este deporte que hai en todas as comarcas”.

O apoio á proba encádrase na colaboración que a área de Deportes mantén con deportistas e escuderías de todas as comarcas, co patrocinio das principais carreiras de asfalto e montaña que se celebran na provincia e coa convocatoria dunha liña de axudas a pilotos cun investimento de 45.000 euros.

0.19944596290588