O circuíto de Outeiro de Rei acolle o Campionato Galego de Velocidade

TerraChaXa | LugoXa
O circuíto de Outeiro de Rei acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Velocidade, que organiza a Asociación Motorista Lucense (AML).
campionato galego velocidade outeiro de rei  portada
14 Xul 2023

O circuíto de Outeiro de Rei acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Velocidade, que organiza a Asociación Motorista Lucense (AML). O sábado terán lugar os adestramentos, mentres que o domingo disputaranse as probas, a partir das 9.00 horas.

Como novidade, participarán mini motos eléctricas: contarán con oito vehículos eléctricos de Barcelona, para os nenos pequenos. O gañador poderá gozar dunha bolsa para correr no campionato de España, que será en agosto nas Pontes, e no outono en Valencia. Tamén destaca a participación de motos clásicas.

Así, as categorías coas que contará este campionato son Mini Motos 4.2, Mini GP 110, SM 65 Road, SM 85 Road, Pit Motard (Sub18/160/190), SBK (Júnior/Máster/Criterium), SM (Promesas/Open/Máster) e Clásicas (2T/Super Series).

campionato galego velocidade outeiro de rei
0.26728200912476